CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN DESTINADAS AO FOMENTO DO EMPREGO, Á MELLORA E PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO E A REPRESENTATIVIDADE DAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2011.
Infogauda / Pontevedra
Tendo en conta que o apoio ao asociacionismo comercial, á creación de Centros Comerciais Abertos e á profesionalización das persoas que traballan á fronte das asociacións de comerciantes son obxectivos recollidos no Plan Director de Comercio 2009 – 2012, dende a Deputación de Pontevedra se convocan 22 bolsas de colaboración como resposta ás demandas detectadas e recibidas por parte das asociacións de comerciantes da provincia.
A Deputación de Pontevedra inviste 160.500€ de fondos propios na concesión de 22 bolsas de colaboración de Universitarios/as de segundo ciclo ou grao superior, que levarán a cabo unha labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra.
Os bolseiros colaborarán dende as sedes das asociacións de comerciantes pola dinamización do sector e pola promoción do asociacionismo na nosa provincia a través dun programa formativo dirixido dende a Área de Comercio da institución provincial en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e con asociacións de comerciantes xa consolidadas.
Con esta nova iniciativa a Deputación de Pontevedra consolida as actuacións que ven desenvolvendo a través da súa Área de Comercio, ao tempo que introduce novos xeitos de apoio ás asociacións de comerciantes que lles permitan profesionalizarse, promocionar o asociacionismo, mellorar a súa representatividade.
Ao mesmo tempo estas bolsas de colaboración contribúen dun xeito moi importante á formación de profesionais no campo da actividade comercial a través do desenvolvemento de tarefas de xestión e representación dende o seo das asociacións de comerciantes.
Resultaron beneficiarias nesta convocatoria as 23 asociacións de comerciantes que solicitaron estas axudas.
Trátase precisamente de asociacións de comerciantes sen fins de lucro pequenas e menos profesionalizadas que desenvolven actividades cuxos beneficiarios son os pequenos comerciantes das localidades nas que se atopan.
Os bolseiros comezaron a colaborar coas asociacións de comerciantes no mes de xullo. As bolsas teñen unha duración inicial de 6 meses que poden ser prorrogables outros 6 a demanda do Presidente da asociación.
A prórroga das bolsas suporá a oportunidade para os bolseiros de buscar financiación para que unha vez que remate a axuda da Deputación de Pontevedra, a propia asociación os/as contrate para seguir desenvolvendo as tarefas que teñen encomendadas na organización.

Ningún comentario:
Publicar un comentario