8 de set. de 2011

LUGO

Antonio Portela proclámase Campión de Galicia CRI
Novo título para Toni Portela e para o Club Ciclista O Rosal





Desta volta era no Campionato de Galicia Contra Reloxo Individual disputado na tarde de onte na localidade lucense de Sober sobre unha distancia de 5 km. na que Toni invertía un tempo de 8'15'' 12 a unha media de 36,36 km/h e distanciando o segundo clasificado nunha comoda diferencia de 19''. Por outro lado cabe destacar a actuación dos seus compañeiros de equipo que gracias a labor de todos o C.C. O Rosal tamén acadou o 1º posto por equipos con Adrian Vicente no 16º, Raúl Fernández 17º, Andrés Fernández 32º, Pablo Cividanes 33º, Cristóbal Coimbra 43º e Adrián Dorna 45º.En Junior as clasificacións foron mais discretas con Manuel González no posto 20º, Ivan Morais 34º e Alex Lomba 37º.Felicidades para todos eles e felicitar tamén dende aquí os ex-ciclistas do C.C. O Rosal, Aser Estévez (Supermercados Froiz) que se proclamou dobre Campión de Galicia nas modalidades de Fondo e Contra Reloxo Individual en categoría Elite e Jonathan Sousa que acariciou o pódio nas duas modalidades de Sub-23 o acabar 4º en ambalasduas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario