22 de set. de 2011

A GUARDA






ÁBACO E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
“PLAN A TÚA MEDIDA 2011”

Ábaco / A Guarda



O pasado mércores 21 de setembro, o Deputado Pablo Vaquero xunto cunha técnica da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, visitou a dous establecementos comerciais socios de ábaco, “Muebles Suso” e “Muebles Sousa”, partícipes do Plan A Túa Medida 2011 organizado pola Deputación de Pontevedra.

Calcúlase que o 25% dos clientes dun comercio son efecto directo do seu escaparate, o feito de que entre o 60% e o 80% dos produtos se vendan como resultado da súa presentación no comercio, fai da estética a clave da produtividade de todo pequeno comercio. Para iso, o Plan “A túa Medida” ofrécelle a estes establecementos un asesoramento en Visual Merchandising gratuíto, personalizado e no seu propio comercio.

Con esta actividade, a Deputación de Pontevedra, contribúe a que estes pequenos comercios asociados a ábaco resulten máis atractivos aos clientes, que se diferencien pola súa imaxe e que sexan recoñecidos por proxectar unha imaxe e uns valores desexables como distintivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario