AMPARANOIA OU SERGIO PAZOS, ENTRE OUTROS
Festiclown Palestina agradece os numerosos apoios recibidos, preto dun milleiro
Festiclown Palestina agradece os numerosos apoios recibidos, preto dun milleiro
Festiclown / Palestina
Cando xa se cumpriu o ecuador do I Festival Internacional de Clown de Palestina (Festiclown Palestina), a organización do evento quere agradecer públicamente as mostras de apoio recibidas. Artistas coma o galego Sergio Pazos ou Amparanoia, entre outros, expresaron a súa simpatía co proxecto.
Por correo electrónico, teléfono ou a través das redes sociais nas que ten presenza o Festiclown Palestina coma o Twitter http://twitter.com/en_rebeldia ou o Facebook http://ir.gl/festiclownpalestinafacebook foron centos as mensaxes recibidas, concretamente 936. Nestes oito días de encontro e cando estamos a encarar a última semana desta iniciativa que concentra a milleiros de palestinas e palestinos arredor da risa máis solidaria, artistas coma o galego Sergio Pazos ou Amparanoia tamén fixeron público o seu apoio á proposta.Eles e outras moitas persoas dinlle a Festiclown que “non se renda”, que a pesar das trabas impostas polo exercito israelí “a luz que levades abrirá claros nesa escuridade sementada por Israel”, ou que os minutos de risa que os milleiros de asistentes ao festival están compartindo “son moitos minutos, tempo para un mundo mellor”.
Cando se sente arroupado e apoiado por xentes do teatro, da comunicación, da música, da política e moitas outras persoas e colectivos, o Festiclown, Pallasos en Rebeldía e o propio Festiclown Palestina agradecen “de corazón” toda esta marea de aloumiños, “que axuda a camiñar”.
Vídeos de Pallasos en Rebeldía, na Palestina
Ningún comentario:
Publicar un comentario