31 de ago. de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN INSTANDO O GOBERNO MUNICIPAL A LIMPAR E POR EN SERVICIO A FONTE DO ROLLO, TAMÉN COÑECIDA COMO FONTE DA VILA






Aspecto que ofrece desde fai anos á Fonte do Rollo, ou Fonte da Vila, sen que nin o goberno municipal precedente nin o de hoxendía, haxan amosado a máis mínima vontade de recuperar ese lavadoiro público


Foto: GMorais




Infogauda / A Guarda




A Fonte da Vila, tamén coñecida como Fonte do Rollo, é un dos diversos exemplos da insensibilidade e mesmo da incapacidade, tantas veces demostrada, de algúns persoeiros políticos locais, con responsabilidades de goberno municipal, con adicacións exclusivas - uns - ou adicacións parciais - outros -, e as conseguintes retribucións pecuniarias á carrego do erario público - léase, a conta dos veciños e contribuintes guardeses -; xa que logo de anos e anos de estaren "ocupados" na cousa pública, non foron capaces de coidar, conservar, manter, recuperar, restaurar,..., etc. unha fonte e lavadoiro público, que a día de hoxe, ainda seguen sendo necesarios para moitos veciños.


Na Redacción de Infogauda temos constancia do lexítimo interese de varias persoas en que a Fonte da Vila, ou Fonte do Rollo - que tanto nos tén, como se queira denominar, xa que calqueira das dúas formas é correcta - fose recuparada.


Fundiron - innecesariamente - unha morea de milleiros de euros no chamado Plan E, que con moita razón, o portavoz de Esquerda Unida, José Antonio González Morais, calificou de "Plan Estúpido", e non tiveron á previsión de adecentar, dignificar e recuperar, a Fonte da Vila. Iso é unha demostación palmaria, da nulidade de algúns.


Por iso, desde este xornal dixital saudamos a oportuna moción presentada no día de onte, no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, polo voceiro de Esquerda Unida, na que dí textualmente o seguinte:




De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DA FONTE DO ROLLO

Que o gobernillo da Guarda so se preocupa dos sueldinhos, recalificar ilegalidades, incumprir a Lei, propaganda clientelar, permitir rúa privada, etc..., non é nada novo.
No centro da Guarda na rúa Concepción Arenal temos unha fonte que se chama Rollo, fonte que no seu día foi desprazada do seu lugar de orixe.
Se calquera vecinho ou visitante entra a visitar a fonte decatase que est nun barrio marxinal, os senhores que forman o gobernillo Local son incapaces de ter o pobo limpo, e coidar o patrimonio local.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Limpeza e posta en marcha da fonte do Rollo.

A Guarda a 29 de agosto 2011.


Ningún comentario:

Publicar un comentario