2 de xuño de 2011

PONTEVEDRA




LOUZÁN CALIFICA Ó CLUB DE BALONMÁN PORRIÑO COMO “REFERENTE” DO DEPORTE PROVINCIAL TRAS ASCENDER Á DIVISIÓN DE HONRA E COMPROMÉTESE PERANTE UNHA RECEPCIÓN Á COLABORAR NA DOTACIÓN DUN XIMNASIO

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu hoxe no Pazo Provincial ó Club Balonmán Porriño feminino. O titular da administración provincial eloxiou o traballo da entidade deportiva que «conseguiu un fito histórico para o noso deporte, como é o ascenso a División de Honra». O presidente da Deputación puxo de relevo o feito de que nestes momentos «é o único equipo de Galicia desta modalidade que seguro competirá na máxima categoría», agardando a ver que acontece con aqueles que están promocionando ou en vías de facelo.
Para Louzán o Club Balonmán Porriño constitúe un «referente» do deporte provincial e un exemplo a seguir xa que «deu moitas xogadoras internacionais e segue a contar nas súas filas con moitas das mellores seleccións de España».
Perante a recepción celebrada no Pazo Provincial, o presidente interesouse polas necesidades do club e o estado das instalacións deportivas do municipio que, segundo informaron os directivos do club están en bo estado. Non obstante reclamaron como necesidade a dotación dun ximnasio para o entrenamento das xogadoras. Louzán comprometeuse co alcalde, Nelson Santos, que tamén estivo presente na recepción, a colaborar coa administración local e coa Xunta de Galicia para tratar de cubrir esta necesidade. O presidente da Deputación comentou que estas dotacións poderán ser utilizadas por todos os clubs e cidadáns de O Porriño.
Finalmente, Louzán felicitou á directiva, encabezada polo seu presidente, Fernando Godoy, ó corpo técnico e ás xogadoras. Asegurou que a Deputación seguirá apoiando a un Club que ten máis de 250 fichas federativas e máis de 350 nenos e nenas nas súas escolas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario