14 de xuño de 2011

O ROSAL

O VINDEIRO DOMINGO CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES


- Previamente, o sábado día 18 de xuño, ás 20:30 h. haberá unha audición de alumnos da escola de música

Agrupación Musical do Rosal / O Rosal


Dentro dos actos programados con motivo do 25º aniversario da Agrupación Musical do Rosal, convidámosvos o concerto que ofrecerá o banda de música Unión Musical de Valladares o vindeiro domingo 19 de xuño, ás 20,30 h. no Auditorio do Rosal.

A Unión Musical de Valladares, baixo a dirección de José Iglesias Ramilo interpretará o seguinte programa:

- Paco Campilo, pasodoble de José Salvador González Moreno

- Capricho Italiano, de Tschaikowsky

- Cantar, reir y bailar, Cantos Populares de Mariano San Miguel

- La boda de Luis Alonso, Intermedio de Gerónimo Giménez

- Mestres da Zarzuela, de Juan Lois Diéguez

- Muiñeira dos Pendellos, de Juan Lois Diéguez


O día anterior, sábado 18 de xuño, a partires das 20,30 h. contaremos coa audición de alumnos da escola de música correspondente o 3º trimestre do curso.

Esperamos contar con vos nestes actos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario