18 de xuño de 2011

A GUARDA

UNHA NOVA PREGUNTA O REXEDOR MUNICIPAL QUE DEMANDA UNHA RESPOSTA AXEITADA


Antonio José Uris Alonso, activo socio colabourador da Asociación Stop Accidentes



Infogauda / A Guarda


Precedida de varias actuacións legais por parte dos veciños da Rúa Manuel Álvarez, que lexítimamente defenden seus dereitos como cidadáns, na tardiña de hoxe estaba prevista á inauguración dunha discoteca ubicada no baixo de un inmoble que da a devandita rúa. O tempo que salientamos que non deixa de ser curioso que á apertura dese establecemento teña lugar xustamente unha semana despois da toma de posesión da nova Corporación Municipal, algo que xa preveíamos ía acontecer logo das Eleccións Municipais do pasado 22 de maio; queremos salientar que na mañá deste sábado, o veciño, emprendedor e activo socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, Antonio José Uris Alonso, dirixiulle a primeira autoridade municipal á seguinte mensaxe:


Sr. Alcalde:



¿Xa sabe Vostede que medidas urxentes de Seguridade Vial teñen que tomar na Rúa Manuel Álvarez entorno a nova discoteca que hoxe sábado 18 se inagura, tal e como o dice unha valla de publicide na Rúa Rosalía de Castro?

Oxalá que non se tomen ditas medidas cando pase un suceso grave ou mortal.

Cando se otorga unha licencia deste tipo de establecemento téñense que tomar ditas medidas con antelación pola seguridade dos Veciños e Conductores que transitan por dita rúa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario