15 de xuño de 2011

BAIXO MIÑO

Pablo Baquero Álvarez e Manuel Carrera Punzón, deputados provinciais por Tui

· Así o decidiron esta tarde os presidentes locais do PP nos concellos que integran este partido xudicial




Pablo Baquero Álvarez, número 2 do PP en Tomiño; e Manuel Carrera Punzón, número 6 da lista popular no Porriño e presidente do partido nesta localidade, serán os deputados provinciais desta formación polo partido xudicial de Tui. Así o decidiron esta tarde os presidentes locais do partido nos 8 concellos que integran este partido xudicial.
A decisión tomouse, como xa ven sendo habitual, nunha xuntanza na que se buscou o consenso de todos os representantes locais e que tivo lugar esta tarde na sede provincial do PP en Pontevedra. Os novos deputados provinciais serán designados oficialmente este mércores, día 15, na xunta electoral de zona.
O PP provincial tiña ata os comicios do pasado 22 de maio un dos dous deputados que se elixían no partido xudicial de Tui, pero cos cambios rexistrados este ano, que dan 3 deputados por este partido xudicial e os bos resultados acadados polos populares, o PP conseguir unha maior representación, co que pode designar a 2 representantes na dministración provincial.


Manuel Carrera e Pablo Baquero darán o relevo a Jesús María Fernández Portela, alcalde de O Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario