Os veciños da Rúa Manuel Álvarez amosan de xeito nítido seu rexeitamento á discoteca Foto: Atrisca
Infogauda / A Guarda
O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, ven de facer pública á Sentencia nº 126/11, de data 18 de abril de 2011, pola cal foi dictado o seguinte FALLO:
"Procede estima-lo recurso contencioso administrativo interposto pola procuradora Sra. Jiménez Campos, en representación de D. José Alberto González Vicente e en consecuencia decrarar á nulidade da resolución recurrida o resultar axustada a dereito, todo elo sen expresa condea en costas.
Notífiquese esta resolución ás partes e fágase saber as mesmas que non é firme e que contra a mesma cabe interpor recurso de apelación diante deste Xulgado no prazo de quince días para diante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que será admitido de conformidade coa Disposición Adicional XV da Lei Orgánica 1/2009 (...)".
Compre relembrar que esa sentencia está directamente relacionada cos autos de procedimento ordinario nº 118/2010, instados polo portavoz dos veciños da Rúa Manuel Álvarez, José Alberto González Vicente, representado pola procuradora María José Giménez Campos, asistida polo letrado Gonzalo Castro Rodas, sendo demandado o Concello de A Guarda, representado e defendido polo letrado Carlos Potel Alvarellos e como parte codemandada Discoteca Enjoy A Guarda S. L., representado polo procurador Senén Soto Santiago, asistido do letrado Javier Cabo Cibeira.
Entre os antecedentes de feito, recóllense, entre outros, os seguintes:
Primeiro.- Interposto o recurso no prazo prefixado na Lei Xurisdiccional déuselle o trámite procesal axeitado, ordeándose recramar o expedente administrativo sen anuncio de interposición do recurso por non solicita-lo o recurrente.
Segundo.- Recibido o expedente administrativo púxose de manifesto o mesmo en Secretaría a parte recurrente para que formulara súa demanda dentro do prazo legal, o que se fixo, alegando os feitos e fundamentos de dereito que estimou precisos en orde as súas pretensions. que se dan por reproducidos suplicando o Xulgado se dicte sentencia.
Asemade, entre os Fundamentos de Dereito, dícese, entre outras cousas, que "o presente recurso contencioso Administrativo interponse contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello demandado, en virtude do cal acórdase otorgar licencia a Discoteca Enjoy A Guarda, S. L., representada por D. Marcos Alonso Fernández, para acondicionamento de local para á actividade de discoteca.
A parte demandada oponse a demanda alegando falla de lexitimación activa, en base o disposto no artigo 20 da LXCA e 63.1 da LRBRL (...)".
Entre os fundamentos de dereito tamén se fai constar que "(...) existe acción pública que otorga lexitimación para impugnar os acordos municipais a calquer persoa e, entre elas, a calquer Concelleiro; pola pretendida vía de considerar suficiente o interese de todo Concelleiro a que a actuación dos órgaos municipais sea conforme a dereito, polo que ha de entenderse lexitimado o recurrente no presente recurso contencioso administrativo, debendo desestimarse o motivo de inadmisibilidade alegado pola Administración demandada.
Polo que se refire o fondo do asunto, alégase pola parte recurrente que a licencia recurrida se concedeu a unha entidade mercantil que nunca a peticionou, posto que a persoa física que a interesou non consta en autos que actuara en nombre e representación de dita entidade (...)".
Previamente o correspondente Fallo, tamén se recolle o seguinte: "(...) No presente caso, do obrado no expedente administrativo resulta acreditado que a Administración demandada non interesou á práctica da subsanación prevista legalmente de tal defecto de falla de representación, nin pola vía do artigo 71 da LXCA, é decir, despois da presentación da solicitude de iniciación do expedente de concesión de licencia e pola vía do artigo 76 do mesmo Corpo legal, durante a tramitación do mesmo, nin siquera con posterioridade a concesión da licencia nin durante a tramitación deste recurso contencioso administrativo polo que a convalidación non resultou probada nin consta proba algunha de que quede salvado tal defecto, impedindo con elo acadar seu fin o acto en que [o] procedimento desemboca, no presente caso a licencia otorgada e impugnada, convertíndose con elo nunha causa de nulidade, polo que procede a estimación do presente recurso (...)".
O fallo do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, aínda sen ser unha sentencia firme, ven a darlle a razón o colectivo veciñal afectado. Desde Infogauda amosamos públicamente nosa satisfacción por este primeiro éxito dos veciños da Rúa Manuel Álvarez.
Por favor hay algo que o yó no entiendo, pues la musica de fondo no deja escuchar los videos que insertan....Saludos Arturo Portela
ResponderEliminar