A POETISA AIDA LOMBA MÁRQUEZ RECIBIU UNHA HOMENAXE NA SÚA VILA NATAL
Aida Lomba Márquez e seu marido, acompañados por Julia Sobrino, recibindo o agarimo de tódolas persoas que asistiron a homenaxe
Infogauda / A Guarda
En boa hora, os compoñentes da Agrupación Cultural Guardesa, presidida pola activa Julia Sobrino González, lembráronse de Aida Lomba Mázquez, poetisa de A Cruzada (A Guarda), para adicarlle unha homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas. Non é que Aida Lomba estivese esquecida, que non o está, non o estivo endexamais, pero coidamos que pola súa andaina poética, a súa homenaxe tíñaa ben merecida. Non desde este ano, senón desde fai bastante tempo. Pero ás veces, váisenos o maxin máis lonxe do que sería necesario.
Aida Lomba Márquez, naceu na Guarda o día 30 de xaneiro de 1948. E filla de Brígida Marques Gil e de Bernardino Lomba Muiños.
Cando tiña 4 aniños, quedou orfa de pai, índo a vivir coa súa nai e irmáns, a casa dos seus avós, os cales lle inculcaron valores que co devalar dos anos, ela procurou transmitirllos os seus fillos J. Ángel, Henar e Álvaro.
Súa formación escolar comezou no vello colexio das HH. Carmelitas de A Guarda e continuaría, cando tiña 7 anos, no colexio do Instituto Social da Mariña, en Sada (A Coruña). Ter que separarse da súa familia, foi unha dura experiencia para Aida, pois somentes retornaba o fogar no mes das vacacións.
Desde ben noviña sentiuse atraída pola lectura, e máis concretamente polos poemas de José María Pemán, Gustavo Adolfo Bécquer, Wenceslao Fernández Flórez,..., entre outros.
Fixo estudos de secretariado e rematou seus estudos con 18 anos de edade.
Seu primeiro traballo foi nas oficiñas da empresa José Riego Lomba, entidade da que lembra con agarimo os seus compañeiros (Tito, Aida de Melero, Trinidad, Antonio,...).
Aida casou o 28 de outubro de 1967 con José Antonio Alonso Lomba.
Por causa do traballo do seu esposo, partiron pra Valladolid, Burgos, Bilbao, e finalmente trasladáronse a Suiza.
No país helvético - onde estiveron 6 anos - , Aida botaba moito de menos a seu fillo primoxénito, que quedou en Galicia con tan soio 4 anos. Esa saudade de nai, motivaría en Aida o comezo da súa andaina poética.
Logo do retorno a Nosa Terra, naceu súa filla Henar e tres anos despois, Álvaro.
Entre finais de 2001 e comezos de 2002, ás circunstancias motivaron que Aida se replantexase súa vida. Para Aida foi un punto de inflexión. Como voltar a nacer. As veces, é necesario que nos replantexemos moitas cousas, e darlle importancia o que verdadeiramente o merece. O demáis, non conta. Tal foi así, que afortunadamente superou unha dura proba, e hoxendía Aida está máis animada que nunca, o cal é unha satisfacción para todos.
Animada por José Crespo, en 2003 deu o prelo Después del Letargo, seu primeiro libro de poemas e en 2005, Atardeceres de Otoño.
Aida Lomba Márquez continúa escrebendo, pubricando poemas en diferentes libros-programas de festas (como as de San Queitano e as Festas do Monte Santa Trega) e participando en recitais poéticos.
A HOMENAXE FOI PROMOVIDA POLA AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA
Ademáis do recoñecemento público a Aida Lomba Mázquez, que tivo lugar o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, no Auditorio San Bieito; o pasado venres día 27 foi cando tivo lugar a homenaxe propiamente dita. O acto cultural, que tivo lugar no salón de actos de Centro Cultural e Social de A Guarda, contou coa participación de familiares, amigos, representantes municipais e veciños de Aida Lomba Márquez.
Presentado por Manuel Santos, o evento comezou coa actuación do Grupo Antorcha, dirixido pola cantautora María José Baz Martínez, quen ademáis interpretou o poema Monte Santa Tecla, da autoría de Aida Lomba Márquez.
Deseguido subirían o esceario a poetisa e pintora, Chuny Vázquez Vicente, así como Ángela Vicente Lomba e Julia Sobrino González, vice-secretaría e presidenta, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa.
Logo dunha ampla e documentada presentación de Chuny Vázquez, a cárrego de Ángela Vicente, tomaría a palabra Chuny que deu lectura a unha emotiva biografía humana e poética de Aida Lomba Márquez.
Finalmente sería Julia Sobrino a que lle adicaría unhas verbas a poetisa homenaxeada, salientando: "Evidentemente a túa vida foi un intento increíbel de abrir portas e portas, de intentar colocar a túa esencia de muller nun lugar adecuado, de buscar sen cansarte a luz intensa da ilusión esquiva e, por fin, despois de interrogar camiños, de andar veredas insistentemente grises, elexistes o sendeiro azul que te prestou a vida e iniciastes entón xentil unha andadura forte con paso firme en pos do ideal que anidaba na túa alma (...)."
Logo das devanditas intervencións tamén falaría José Crespo, amigo de Aida Lomba e de seu esposo José Antonio.
Deseguido serían os compoñentes da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, os que dirixidos por Marisilda Sánchez Lomba, xunguirían súas voces, en homenaxe a Aida Lomba Márquez.
E xa por último, virían os intres máis emotivos, nos que Aida Lomba Márquez recibiría o agarimo de tódolas persoas que ateigaban o salón de actos, que por iniciativa da Agrupación Cultural Guardesa lle tributou unha cálida homenaxe.
A entrega dos correspondentes agasallos conmemorativos o Grupo Antorcha, Chuny Vázquez, Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e a poetisa homenaxeada, así como un ramo de frores para seu esposo, daría paso o canto do Himno Galego, co que se poría broche de ouro a homenaxe a poetisa da Cruzada, que se completou coa entrega a tódolos asistentes, dunha pubricación conmemorativa adicada a Aida Lomba e a Lois Pereiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario