22 de maio de 2011

ELECCIONS MUNICIPAIS, 2011



FREITAS GAÑA NOVAMENTE ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS AINDA QUE PERDE A MAIORÍA ABSOLUTA



- O Partido Popular mellora os resultados de 2007, ainda que probablemente continuará na oposición


- O Bloque Nacionalista Galego pasa a ser a terceira forza da vindeira corporación municipal



- Converxencia Galega entrará por primeira vez no concello de A Guarda



- Iniciativa Veciñal por Galicia non acada representación

Infogauda / A Guarda



Por segunda vez consecutiva, os electores de A Guarda voltaron a darlle súa confianza á candidatura encabeza por José Manuel Domínguez Freitas, ainda que esta vez, como era de prever - segundo nos indicaban as sondaxes previas de Infogauda -, non acadou a maioría absoluta obtida no ano 2007, que lle permitiu gobernar sen necesidade de apoios doutros grupos. Nesta ocasión, a candidatura do PSOE, que gañou en tódalas mesas e colexios electorais de A Guarda, acadou un total de 2.698 votos (en 2007 acadara 3.009 votos) fronte os 1.938 votos acadados pola candidatura do Partido Popular, que continúa a ser a segunda forza política do concello. O PP acadara 1.930 votos en 2007.



Con 759 votos, o BNG recupera a tercera posición na vindeira corporación municipal. En 2007 o BNG acadara 666 votos. E con 303 votos, entrará por primeira vez no concello Converxencia Galega, namentras que con 169 votos, Iniciativa Veciñal, liderada por Buenaventura Lomba Núñez, non acada representación.


Compre salientar que en 2007, Terra Galega - Iniciativa Veciñal acadara 683 votos.


O reparto de escanos, con carácter provisorio, é o seguinte:


PSOE: 8 concelleiros; PP: 6 concelleiros; BNG: 2 concelleiros; CG: 1 concelleira.













Ningún comentario:

Publicar un comentario