17 de maio de 2011

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS





A Agrupación Cultural Guardesa, coa colaboura do concello guardés e da Deputación de Pontevedra, organiza os actos do Día das Letras Galegas que comezarán hoxe co desfile que sairá a partires das 17:00 h. da Alameda en dirección ao Auditorio de San Bieito.
Participarán neste evento cultural o Ballet Studio 88, os Grupo de Gaitas do Club de Pensionistas e Xubilados de A Guarda; A Boalleira, da Gándara; Citania, do Colexio Solanas; A Ribeira do Miño, do Colexio A Sangriña; Quiringosta, de Goián; Churumbela, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Agrupación Folclórica Vento Mareiro e Os Pelouros (R.A.G).
Logo das diferentes actuacións dos devanditos grupos terá lugar á entrega de premios aos escolares gañadores dos concursos de redacción e debuxo convocados pola Agrupación Cultural Guardesa.
Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas continuarán o venres, 27 de maio coa homenaxe a poetisa Aida Lomba Márquez, ás 21:00 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario