ROBALEIRA TRIUNFOU NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
A tripulación Xuvenil Féminas amosando a Bandeira que lles acredita como Campioas de España de Bateis
A ledicia dos deportistas de Robaleira fíxose notar en todo o pobo de A Guarda
Informa (texto e imaxes): Hermelindo Martínez González / A Guarda
O Club de Remo Robaleira acadou uns inmellorables resultados, no Campionato de España de Bateis disputado esta fin de semana en augas de Ferrol. O nome de A Guarda, voltou a estar no máis alto do caixón, por enriba de Clubs que quintuplican o noso orzamento.
As razapas Xuvenis Féminas Cris, Laura, Carla, Angela, as dúas Silvias, patroneadas por Ivan, lograron acadar como tripulación o seu primeiro Campionato de España. O ano pasado foran Prata. Ésta súpolles a pouco, e este ano non se conformaron. Loitaron de principio a fin dominando unha regata, onde viraron primeiras en tóda-las ciabogas, e lograron imporse a Vilaxoán, as súas máis directas rivais durante toda a tempada no derradeiro segundo. A fotofinish a que hubo que acudir para saber a gañadora determinou que só 8 centésimas de segundo. Esa foi a vantaxe que sacaron, ¡¡¡ 8 !!! centésimas despois de 2.000 metros de regatas.
As tripulacións infantis acadaron un bronce que soubo a gloria, a tan só 2" da prata, e 5" do ouro, colándose Deusto entre eles e os Campions Galegos Tirán, que foron os que finalmente subiron o primeiro e segundo peldaño do podium.
A tripulación Promesas Femininas, acadaron un notable 7º posto, que xunto co ouro e a prata, elevaron a Robaleira o 2º posto do regata por equipos, e resultados, somentes superados por Amegrove con dúas bandeiras, e empatados con Tirán, con unha Bandeira en Infantil Masculino, e un tercer posto en Xuvenis masculino.
Compre sinalar a pésima organización, que cometeu fallos increíbles na balizaxe, que remendáronse con solucións mais pésimas ainda.
Compre sinalar a pésima organización, que cometeu fallos increíbles na balizaxe, que remendáronse con solucións mais pésimas ainda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario