17 de maio de 2011

CAMPOSANCOS

DE LAMENTABLE COMPRE CALIFICAR O ESTADO QUE PRESENTAN ÁS PASARELAS DE "PROTECCIÓN DUNAR" DAS PRAIAS DE CAMPOSANCOS



De abandono e de desidia do chamado grupo de goberno, e boa mostra a imaxe que ofrecen a própios e visitantes, as pasarelas de "protección dunar" das praias de Camposancos

Foto: Atrisca



Infogauda / Camposancos


En pleno mes de maio, algúns semellan andar máis atarefados nas labores própias da campaña electoral que nas do servicio á cidadanía. Para mostra un botón: As pasarelas de "protección dunar" das praias de Camposancos.


Calquer veciño ou visitante que se achegue a ese privilexiado entorno natural pode decatarse do abandono e da desidia existente, tanto por parte do chamado grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda, como da Entidade Local Menor de Camposancos.


As devanditas pasarelas non cumpren coas funcións para as cales foron intaladas no seu día, xa que están de calquer xeito, esparexidas por riba da vexetación dunar, como se de refugallos de tratase. E todo iso, coa complacencia de algúns que non queren ollar o que é evidente para todo o mundo, menos para eles, que miran para outro lado.


Lamentable e incalificable, á actitude de uns e outros.



Ningún comentario:

Publicar un comentario