9 de abr. de 2011

VIGO


ABRIL DE REGGAE EN VIGO


Este Sábado día 9


RÚBEN LOPEZ & THE DIATONES

SALA IGUANA CLUB - VIGO

As 00:00 Entrada en billetería - 10€


Rubén López & the Diatones son a nova / vella sangue da escena ska reggae Europea... Músicos veteranos de bandas como Kinky Coocoos, The Oldians ou Flight 404, xuntáronse hai tres anos co cantante Rubén López (Malarians, Peeping Toms... etc. para dar forma a este proxecto. Metéronse devagar e sen facer ruído nos corazóns dos fans mais esixentes do xénero.No 2009, sorprenderon a propios e estraños cun single autoproducido en 7" adaptando dúas versións totalmente afastadas do seu estilo como I wanna be sedated dos Ramones ou Crucified dos Iron Cross. Agora, Rubén López & the Diatones presentan na sala Iguana Club de Vigo o seu novo single editado por liquidator a principios deste ano. Relativity /Diatone time (asi se chaman as músicas)non deixan indiferente e a sua versatilidade queda totalmente contrastada.

Son temas que soan a clásicos e non precisamente por casualidade, se non pola seguridade e maestria que estes pesos pesados do reggae & rocksteady estatal desbordan ao mais puro estilo oldie do xénero.

MAIS INFO EN:




E PARA OS VINDEIROS DÍAS DE ABRIL

Venres 15 Abril - Meninos Carentes en Xancarajazz - Vigo as 00:00 Venres

22 Abril - dende Brasil, DJ Negralha + Bnegao - Fabrica de Chocolate as 21:30 - 8€ bilhetería - 6€ Anticipada - 4€ Socios

Venres 29 Abril - Festa Reggae na Cova dos Ratos - Vigo, con Zamaramandi a partir das 21:00


PAZ AMOR E UNIDADE para toda a comunidade, dende a Asociación Cultural Minho Reggae

8-9 XULIO 2011 MINHO REGGAE SPLASH

Ningún comentario:

Publicar un comentario