O BNG do Rosal denuncia a mala xestión nas finanzas do goberno municipal
O candidato nacionalista, Alberte Alonso, afirma que “o goberno do PP gastou o que non tiña”. Infogauda / O RosalNo último pleno ordinario deste mandato, o goberno municipal en funcións, aprobou trasladar un gasto de 334.370'46 euros realizado sobre todo no pasado ano, aos orzamentos vixentes. Para o candidato do BNG, Alberte Alonso Pereira, isto pon de manifesto a mala xestión e a pouca previsión financeira do goberno do PP. Alberte Alonso Pereira, indica que esta cantidade, 334.370'46 euros, supón case o 25% do consignado no orzamento vixente para gastos correntes. Por conseguinte, afirma, este ano non chegarán as cantidades asignadas para cubrir os gastos correntes o verse reducido este capítulo. “Isto é así porque o goberno municipal realizou gastos sen ter diñeiro para poder pagalos, tal e como se indica no propio informe de Intervención”, afirma o candidato do BNG. “É lamentable que, o desconto que se lle aplicou aos traballadores públicos do concello, se utilice para pagar gastos pendentes de anos anteriores e non en investimentos”, indicou Alonso Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario