25 de abr. de 2011

MEIRA

AS XUVENÍS FÉMINAS DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, REVALIDARON O TÍTULO DE CAMPIONAS GALEGAS DE BATEIS













Hermelindo Martínez González / Meira



Onte pola mañá celebráronse en augas de Meira, como xa informáramos os nosos lectores, as finais do Campeonato Galego de Remo Bateis.


As tres tripulacións do Club de Remo Robaleira, acadaron uns excelentes resultados. A tripulación Xuvenil Féminas revalidou o seu título de Campeonas Galegas cun tempo de 10:16, 28. A segunda praza foi para Vilaxoan 10:18,41) a a 3ª, para Cabana-Ferrol, 10:36,53.


A tripulación Infantil Masculina, acadou a 2ª posición, cun tempo de 4:54,81, detrás de Tirán que acadou a 1ª praza con un tempo de 4:42,03 e superando a tripulación de Mecos 4:58,15.


En categoría Promesas Féminas, a tripulación de Robaleira acadou a 5ª praza cun tempo de 5:15,94, superadas por Esteirana que acadou a 1ª praza cun tempo de 4:58,15.


A 2ª posición foi para Ares cun tempo de 05:01,53, e a 3ª praza para Vilaxoan, cun tempo de 5:01,93, e 4ª posición para a tripulación de Amegrove.


Na categoría raiña os Seniors Masculino foi unha das mais apretadas regatas, tendo que acudir o foto-finish, para confirmar que a S.D. Chapela impúxose a embarcación de Remedios-Tirán, no derradeiro segundo da regata despois de 2.000,00 m de axustada regata,
Compre sinalar que as tripulacións de Robaleira, lograron deste xeito, as prazas para o vindeiro Campeonato de España que celebrarase o vindeiro fin de semán en augas de Ferrol. Ata a vila departamental acudirá Robaleira, para mellorar se cabe os resultados do derradeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario