23 de abr. de 2011

A GUARDA

O CAMPING SANTA TECLA, DE SALCIDOS ACOLLE Á 53ª ACAMPADA NACIONAL



- No evento - orgaizado pola FECC, a traverso do Camping Caravaning Galicia - Vigo - participan unhas 900 persoas procedentes de diferentes Comunidades Autónomas de España e tamén de varias localidades de Portugal





Esta sinal foi a "benvida" que recibiron os campistas que desde toda España e de Portugal se achegaron até o Camping Santa Tecla, de Salcidos (A Guarda)



Nesta imaxe, tomada arredor das 17:00 h. deste sábado día 23 de Abril de 2011, podemos comprobar a "colaboura" do Concello de A Guarda. O lixo amoreado o sol - porque este sábado si loceu - nas instalacións do camping, a moi pouco metros de varias caravanas, e a beira do camiño rodado, "perfumando" o ambente, demóstrao.
Os accesos o camping presentaban non poucos baches nos tramos rodados con pavimento de xabre. Cecais sexan uns "recramos" cos cales o grupo chamado de goberno quer potenciar o turismo no termo municipal de A Guarda.
Infogauda / A Guarda

Desde o venres día 15 até o domingo día 24 deste mes de Abril, ás instalacións do Camping Santa Tecla, de Salcidos (A Guarda), acollen os numerosos participantes da LIII Acampada Nacional da Federación Española de Camping e Caravaning (F.E.C.C.), orgaizada polo Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo.

A pesares de que ás previsións metereolóxicas non eran nada favorables, e como tales víronse complidas; o evento logrou acadar unha participación de unhas 900 persoas pertencentes a medio cento de clubes de campistas, procedentes de diferentes Comunidades Autónomas españolas e tamén de varias localidades do veciño Portugal.

Esa importante presenza de campistas fíxose notar en todo o pobo de A Guarda, sobor de todo na vila, o longo de tódolos días da LIII Acampada Nacional, e de xeito moi especial co gallo do Desfile de Traxes Rexionais de diferentes CC.AA. de España e tamén da Regiâo do Minho portugués, que tivo lugar o pasado xoves pola mañá. Evento que o chamado grupo de goberno do concello de A Guarda, non espallou na víspera, como era merecente, motivo polo cal moitos veciños non poideron aprecia-lo como probablemente lles hubera gustado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario