27 de abr. de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ABANDONO DOS XARDÍNS DA PRAZA SANTO DOMINGO DE GUZMÁN


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DO XARDÍN RÚA STO. DOMINGO DE GUZMÁN

Moita inauguración a bombo e gaitada o día do irmanamento entre os concellos de Santo Domingo e A Guarda, a día de hoxe os arredores da rúa antes mencionada, xardíns onde se atopa o monumento Praza Sto. Domingo de Guzmán encóntranse en pleno abandono.
Esta rúa e frecuentada por cidadáns que pasean polo entorno e algúns levan súas mascotas a facer súas necesidades, e os donos non recollen as deposicións.
Ademais existen desperfectos a causa do total abandono.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Saber quen paga o alumbrado Público, quen corre ca limpeza e conservación dos mencionados xardíns.
Se as competencias son municipais esperamos das autoridades que tomen as medidas oportunas para súa limpeza e conservación do entorno público.

A Guarda a 27/04/2011


Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario