17 de abr. de 2011

A GUARDA


ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO A LIMPEZA E ARRANXO DO TRAMO LAMIÑA E PUNTAL


Aspecto que presentan hoxendía ás pasarelas de madeira, de protección das zoas dunares de Camposancos.



De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA E ARRANXO DO TRAMO LAMINHA E PUNTAL

Esquerda Unida de A Guarda considera que o “Goberno Municipal”, é caótico que está baseado na pura demagoxia e propaganda, un goberno retrógrado. O “Goberno Municipal”, a escondidas inaugura a senda litoral, mal construída sobre a zona que pertence ao río e océano, estrangula a saída do porto de A Guarda e para colmo en estes momentos estánse facendo retranqueos e cambiando os farois de alumeado público. ¿Quen paga estes cambios? Pomos algúns exemplos, praias sen limpar dende o Codesal ata Porto Madeiro, papeleiras zona da Armona sen recoller, sen colectores de lixo no Porto Madeiro, táboas rotas no paseo marítimo, chopos sen plantar, caminhos sen limpar e arranxar, etc. Resumindo estado de abandono total. O Goberno presume en por “en valor o patrimonio natural do entorno do río Minho”. Dende Esquerda Unida decimos que minten; en primeiro lugar tería que preocuparse da conservación permanente, segundo evitar os vertidos ilegais ao río Minho, terceiro eliminar as parcelas en zona marítima, cuarto separación das augas pluviais e de saneamento.

Para Esquerda Unida isto non é unha mellora ambiental todo o contrario un ataque a natureza. O “Goberno Municipal” so malgasta o dinheiro público na zona urbana esquecéndose das cuestións de fondo antes mencionadas. Sobre o saneamento xa falaremos, porque dende Esquerda Unida manifestamos que existe delito ecolóxico na Guarda (fronte a esterqueira), e todos esconden a cabeza. Estamos en “Semana Santa” e a imaxe que da A Guarda e de un pobo en estado agónico, sucio, as zoas máis bonitas e de lecer están en abandono total.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Protocolo permanente para a limpeza das papeleiras e colectores de lixo na ribeira do Minho e Océano.

Protocolo para unha conservación permanente de tódalas instalacións públicas.

Protocolo anual para a limpeza das praias.

A Guarda a 18 de abril 2011

Asdo.: José Antonio González Morais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario