A DEPUTACIÓN DESTINA 468.000 EUROS DO PID Á REFORMA E AMPLIACIÓN DA CASA DE CULTURA DE TOMIÑO
A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe concederlle unha subvención de 468.000 euros do Plan de Investimentos (PID) ó Concello de Tomiño con destino á reforma e ampliación da casa cultural municipal, situada no lugar de A Rocha.
A obra suporá unha mellora integral do edificio coa mellora dos elementos estruturais, o acondicionamento da cuberta e das fachadas; a instalación dunha nova carpintería exterior de aluminio e interior de madeira; e falso teito de escaiola; servizos de saneamento, calefacción, etc.
No municipio de Tomiño o PID prevé a execución de obras por un importe total de 1.541.219 euros no período 2009-2011. Así, ademais da obra mencionada, a entidade provincial executa nesta vila obras como a pavimentación de diversos camiños; a mellora dos accesos á igrexa de Sobrada, a pavimentación dos camiños de Carregal de Arriba a Taborda, ou o acondicionamento da fonte de A Salgosa, entre outras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario