Acto polo Día Internacional da Muller na Praza das Praterías
Haberá concentración de delegadas e delegados e unha representación teatral sobre a discriminación das mulleres no mundo do traballo
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) organiza mañá xoves, día 3 de marzo, de 11 a 13 horas, un acto polo Día Internacional da Muller que consistirá nunha concentración de delegadas e delegados e unha representación teatral sobre a discriminación das mulleres no mundo do traballo.
No acto intervirán delegadas e delegados de CCOO, ademais de responsables de diferentes estruturas do sindicato, como a secretaria da Muller e Políticas de Igualdade, Mabel Pérez, ou o secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Ningún comentario:
Publicar un comentario