A DEPUTACIÓN APOIA A CELEBRACIÓN EN OURENSE DA GALA DO AUDIOVISUAL GALEGO
A deputación provincial apoia a celebración en Ourense da gala anual de entrega dos premios do audivisual galego (premios Mestre Mateo), que se desenvolverá o vindeiro día 17 de abril, no Auditorio da cidade. A institución provincial, representada polo seu vicepresiden te, Plácido Alvarez Dobaño, ratificou este apoio económico para a súa celebración en Ourense e reiterou que “seguiremos apoiando a este sector no futuro”, aludindo a que os proxectos audiovisuais desenvolvidos na provincia contaron sempre co apoio da Deputación.
Plácido Alvarez amosouse convencido do éxito da gala de entrega de premios, que será conducida polo actor Xosé Antón Touriñán, e desexou moitos anos de vida a esta celebración.
Os premios do audiovisual galego homenaxearán nesta edición a Luis Tosar –co premio de honra- e a Oliver Laxe –co premio revelación-.
Xosé Antón Touriñan desvelou algúns aspectos da gala, que contará con música e “persoeiros, persoaxes e personalidades”, ademais dalgunha sorpresa.
Ademais da Deputación, os premios contan co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o Consorcio do Audiovisual de Galicia, a Xunta de Galicia e o concello de Ourense. Están organizados pola Academia Galega do Audiovisual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario