ANTONIO JOSÉ URIS ALONSO, SOCIO COLABOURADOR DA ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES, PLANTÉXALLE NOVAS PREGUNTAS O REXIDOR MUNICIPAL

A traverso da páxina web do concello de A Guarda, os veciños poden dirixirse o alcalde. Outra cousa é que o rexidor municipal teña a dignidade de respostarlles.
En materia de Seguridade Vial, ás preguntas que lle ven dirixindo o veciño Antonio José Uris Alonso, socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, semella que foran remesadas en swahili, lingua africana que se fala en Tanzania e Kenia. Se así fose, o alcalde estaría exonerado de respostarlle. Pero non o está, porque o devandito veciño, escrébelle o alcalde respectuosamente. E ademáis, faino en galego. Así que xa non cabe disculpa posible.
O contido do texto que Antonio J. Uris Alonso, ven de remesarlle a primeira autoridade local, di o seguinte:
¿A QUÉ LLE CHAMAN...?
Sr. Alcalde:
¿En que se gastaron os 231.517,25 euros na rúa José A. Lomba Camiña donde soio se puxeron beirarrúas de un lado, e dous pasos de peons elevados, coas súas catro sinais, dúas de velocidade máxima de 30 Km.?
¿Ten pasado Vostede por dita rúa e porqué na foto no sae o asfaltado ben deteriorado, a sinalización do centro da rúa, a outra beirarrúa sin faer?
¿Todo o que lle estou recordando entra en ese investimento e están pendentes de realizar, ou quedará así?

Ningún comentario:
Publicar un comentario