11 de mar. de 2011

A GUARDA

EN QUÉ SE GASTARON MÁIS DE 36.000,00 EUROS?




Infogauda / A Guarda
Novamente, o veciño Antonio José Uris Alonso, socio colabourador da Asociación Stop Accidentes, voltou a dirixirse ó alcalde de A Guarda, a traverso da páxina web do concello guardés, para plantexarlle varias preguntas, que con toda probabilidade, o rexidor municipal, non lle respostará.
O texto literal que o devandito veciño lle remesou a primeira autoridade municipal é o seguinte:
Sr. Alcalde:


¿En qué se gastaron 36.122,94 euros en Mellora da Seguridade Viaria Escolas rúa Rosal que di na páxina 17 do famoso boletín nº13?

¿Cómo que agora o saneamento, instalacións de pluviais de moitas rúas pra Vostedes son Seguridade Viaria?

¿Quen redactou o famoso boletín nº13 pondo na páxina 17 que o Grupo de Goberno ten PREOCUPACIÓN POLA SEGURIDADE VIAL como lle preguntéi o día 23-02-2011?

A súa preocupación en resolver os graves problemas de Seguridad Viaria e TOTALMENTE NULA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario