EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS E MATERIAL ESCOLAR
DO 1 DE MARZO O 30 DE ABRIL
Rúa Vicente Sobrino (Baixo do Colexio PP. Somascos)
Infogauda / A Guarda
As asociacións InfoMAXE e Muller, camiña con nos, veñen de instalar nos baixos do Colexio PP. Somascos, na rúa Vicente Sobrino, una exposición de fotografía, libros e material escolar de distintas épocas, que abrangue dende mediados do século XIX ata comezos dos anos 70 do pasado século. O devandito material estará exposto ata finais do vindeiro mes de abril.
Representantes das devanditas asociacións queren agradecerlle a tódalas persoas que lles facilitaron o material exposto, entre elas a Rogelio Vicente Lomba, Antonio Alonso Lomba, Cesáre Rodríguez Silva (Rosil), Paco de Narcisa, Tere Pena, Dionisia Vicente, Foto Gándara; José Conde e Lita Martínez, de Camposancos; Manel, de Goián, Emilio Baz, Lolo "Navarra", Emilio Pérez, HH. Carmelitas, D. Xesús García Villadóniga e Artes Gráficas Prelo.
Asemade, os organizadores tamén agradecen o traballo personal de Pablo "Cabezas", Piña e Gustavo.