29 de mar. de 2011

GALICIA


AXENDA DO PORTAVOZ NACIONAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO PARA O MÉRCORES, 30 DE MARZO


- Presentación de candidatos e candidatas da comarca da Coruña

- Acto público na USC sobre as razóns do “Non á guerra”


- Presentación candidatura de Tui


Bloque Nacionalista Galego / Santiago de Compostela



O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participa este mércores, 30 de marzo nunha presentación de candidatos e candidatas da comarca da Coruña. Pola tarde, Guillerme participa nun acto público na Facultade de Ciencias Políticas sobre “As razóns do non á guerra de Libia”. Á noitiña, o portavoz nacional interven na presentación da candidatura do BNG en Tui, encabezada por Laureano Alonso.


DATA: Mércores, 30 de marzo HORA: 11:30 horas (foto de grupo ao final)

LUGAR: Sede comarcal do BNG (ronda de Outeiro, 62, entrechan), A Coruña ASUNTO: Presentación candidatos e candidatas do BNG na comarca da Coruña INTERVEÑEN: Silvia Seixas, responsábel comarcal; Xosé Manuel Carril, candidato á alcaldía da Coruña, e Guillerme Vázquez, portavoz nacional


HORA: 17:00 horas

LUGAR: Aula 0.1 da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago de Compostela

ASUNTO: Acto “As razóns do Non á guerra de Libia”

INTERVEÑEN: Santiago Jiménez, profesor na Facultade de Historia e Coordenador do Observatorio Galego para o Sáhara Occidental e Guillerme Vázquez, portavoz nacional


HORA: 20:30 horas

LUGAR: Hotel Colón, rúa Colón, Tui

ASUNTO: Presentación da candidatura de Tui, encabezada por Laureano Alonso

Ningún comentario:

Publicar un comentario