24 de feb. de 2011

VIGO

Campionato galego de campo a través 2011
AMPARO FERREIRA E BORJA CADILLA , MEDALLA NO CIRCUITO DE CASTRELOS NA MÁXIMA CATEGORÍA
Nas fotografías Borja e Amparo, atletas guardeses do San Xerome, no podium de Castrelos coa bandeira de A Guarda.

José Carlos González Blanco / Vigo
Destacadísima actuación dos atletas do Club Deportivo San Xerome no Campionato Galego de Campo a Través, celebrado onte mércores no circuito de Castrelos (Vigo), organizado pola Federación Galega de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual. Un total de 11 clubes galegos estiveron presentes no citado circuito.
Na categoría de competición (máxima categoría feminina), Amparo Ferreira, recentemente galardonada como deportista guardesa destacada, obtivo a medalla de prata por detrás da atleta do Club Chapela Sonia García, completou o podium a atleta das Esclavas de Mos, Pilar Rodríguez. Na mesma proba a atleta do Cub San Xerome, Maite Santos, chegou a meta en 6º lugar.
Na categoría de competición masculina, o atleta guardés Borja Cadilla, acadou o terceiro posto (repetindo o posto da edición do pasado ano). O gañador da proba foi Carlos Oitavén do Club San Rafael de Vigo, a medalla de plata foi para Sergio Rodríguez do Club Chapela. Luis Antonio Sández do Club San Xerome foi o 5º clasificado nunha proba moi competida.
No resto das categorías, Francisco Martínez Varela, foi 3º en adaptada masculina, e Rosa María Alvarez, 10ª en xogo femenino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario