O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, estará este sábado na Guarda para presentar a candidatura nacionalista ás vindeiras eleccións municipais
O actual portavoz do grupo municipal do BNG, Xan Lois Lomba, será o candidato á Alcaldía da Guarda polo BNG nos próximos comicios municipais.
Bloque Nacionalista Galego / A Guarda
A Asemblea Local do BNG na Guarda ten aprobada a candidatura coa que o Bloque Nacionalista Galego concorrerá ás vindeiras eleccións municipais. O actual portavoz do grupo municipal do BNG, Xan Lois Lomba, foi a persoa elixida para encabezar a candidatura nacionalista.
Este sábado ás 20:30h. a agrupación nacionalista fará a presentación pública da totalidade da súa candidatura no Centro Cultural da Guarda coa presenza do Portavoz Nacional, Guillerme Vázquez.
O primeiro tramo da candidatura está formado polas seguintes persoas:
Xan Lois Lomba Alonso, nado na Guarda hai 39 anos, é diplomado en Ciencias da Educación e exerce na actualidade como profesor de primaria. Conta cunha ampla experiencia nas filas do nacionalismo e desempeñou diversas responsabilidades no seo do BNG. Actualmente é membro do Consello Comarcal do BNG e leva dúas lexislaturas como Portavoz Municipal no Concello da Guarda.
Hortensia García Díaz ocupará o segundo posto da candidatura. Residente no Castro (Salcidos) forma parte do actual Consello escolar do Instituto da Guarda. Membro do Consello Comarcal do BNG exerce como Responsábel da Área de Muller na Guarda e forma parte da Comisión Nacional de Muller do Bloque Nacionalista Galego.
O terceiro posto na lista electoral será ocupado por Xosé Emilio Álvarez Pena. Xubilado do sector do metal é membro da Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani da Guarda. Iniciou a súa actividade política no mundo sindical e actualmente é o Responsábel Local do BNG na Guarda.
Marisa Guerra Canizo, que ocupará o cuarto posto na candidatura, é unha das novas incorporacións á candidatura do BNG para as eleccións Municipais na Guarda. Profesora no Instituto de Educación Secundaria da Sangriña é sobradamente coñecida a súa labor no mundo educativo por seren a Xefa de Estudos de nocturno no instituto Guardés.
O número cinco na candidatura será Fernando Loureiro Coballes. Militante de longa traxectoria no mundo do nacionalismo ten desenvolvido un intenso traballo no mundo sindical nacionalista. Na actualidade é membro da executiva da Unión Local da CIG do Baixo Miño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario