O BNG explicou na Guarda o que vai supor para as economías familiares a nova lei da auga aprobada polo Partido Popular
Henrique Viéitez e Xan Lois Lomba durante a súa intervención
Xan Lois Lomba: "Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os galegos e galegas"
Infogauda / A Guarda
O pasado xoves día 3, o BNG organizou no Centro Cultural da Guarda un acto para informar a todos os veciños e veciñas sobre a nova Lei de Augas. Neste acto, presentado polo portavoz municipal, Xan Lois lomba Alonso, o BNG contou coa presenza do seu deputado no Parlamento Galego, Henrique Viéitez, quen explicou polo miudo o que esta nova lei vai supor para a economía de toda a poboación.
Na presentación o concelleiro Xan Lois Lomba resumía deste xeito a nova lei: "Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os galegos e galegas".
Dende o BNG non entenden que nun momento como o que atravesamos, de grave crise económica e cun importante número de galegos e galegas no paro, o Goberno do PP leve adiante esta lei inxusta e antisocial que prexudica á inmensa maioría da poboación de Galiza.
O deputado Henrique Viéitez na súa intervención puxo un exemplo práctico co que quedou claro o que vai representar nas economías domésticas o novo canon da auga: "Unha familia de tres membros cun consumo de 30m3 mensuais verá incrementado o seu recibo en case que 10 euros ao mes".
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Xan, e non denuncias o adoctrinamento o que son sometidos os rapaces da Sangriña? Pero se sodes vós os que o facedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario