O BNG ORGANIZA PARA HOXE MARTES, UN ACTO INFORMATIVO SOBRE AS RAZÓNS DA FOLGA XERAL DO XOVES 27 DE XANEIRO
O BNG organiza este martes día 25 ás 20:30h. un acto na Sala Félix Rodríguez de Tui sobre a folga xeral que se celebra este vindeiro xoves día 27 en contra do “pensionazo” e dos recurtes sociais que pretende levar adiante o goberno do Estado ante a total pasividade do goberno que lidera o señor Núñez Feijóo. Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento Galego, será a engargada de explicar en Tui a posición do BNG ante unha situación que nos ameaza a todas e a todos e a necesidade de secundar esta folga xeral.

Ningún comentario:
Publicar un comentario