21 de xan. de 2011

SALCEDA DE CASELAS

A DEPUTACIÓN COMEZARÁ O VINDEIRO LUNS A PAVIMENTACIÓN E MELLORA DE SERVIZOS DOS CAMIÑOS DE ENTENZA, EN SALCEDA, CUN INVESTIMENTO CERCANO ÓS 110.000 EUROS


A Deputación Provincial de Pontevedra comezará o vindeiro luns, día 24 de xaneiro, as obras referidas ó proxecto de pavimentación de camiños en Entenza, no concello de Salceda de Caselas. Esta actuación se enmarca dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID), polo cal a entidade provincial investirá preto de 850.000 euros no citado municipio.

O prazo previsto para estes traballos é de 3 meses e o presuposto de licitación ascende ós 109.928,40 euros. A empresa que realizará os traballos é Narom S.L.

O obxectivo desta actuación é dotar de accesibilidade e servizos básicos ós núcleos de poboación da parroquia de Entenza. Sendo así, o proxecto contempla a execución de distintos tipos de viais en función do camiño sobre o que se traballe. Os camiños obxecto deste proxecto son a pista na Carrilla, Nave Crespo, Asunción e o ramal do camiño de Asunción.

No caso concreto de Salceda de Caselas, a Deputación segue executando a un moi bo ritmo as obras do PID que prevé a execución de 12 proxectos neste municipio no período 2009-2011 cun investimento total de 842.316,03 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario