21 de xan. de 2011

OURENSE

A COPA DO MUNDO, O DOMINGO NO CENTRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN


O Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá a Copa do Mundo lograda pola Selección Española de Fútbol en Sudáfrica e poderá visitarse este domingo, día 23 de xaneiro no hall desta instalación.
A copa colocarase na súa peana ás 09:30 horas por parte do Presidente da Deputación, José Luis Baltar, acompañado de representantes federativos do mundo do fútbol galego e dos clubes da provincia.

Dende ese momento, en horario ininterrumpido ate as 20:30 horas poderá ser visitada e fotografiada por tódolos afeccionados que así o desexen.

Ás 20:30 horas pecharase ao público e serán os clubes da provincia os que se fotografíen co trofeo.

A Deputación de Ourense e o seu Centro Cultural agradecen a tódalas persoas e entidades que colaboran nesta iniciativa a súa aportación, dende o Presidente do COE, Alejandro Blanco, ate os representantes de clubes e federación de fútbol.


HORARIO DE VISITA

Domingo, día 23 de xaneiro

De 09:30 a 20:30 horas

Acceso libre

Ningún comentario:

Publicar un comentario