27 de xan. de 2011

A GUARDA

O PP provincial cualifica de “mostra de intolerancia” as pintadas rexistradas na sede desta formación en A Guarda

· A voceira do PP da Guarda, Fani Iglesias, achegouse esta mañá ata o local para comprobar in situ os danos ocasionados

O PP Provincial cualificou de “mostra de intolerancia e falta de civismo" as pintadas rexistradas a pasada noite na fachada principal da sede local do PP da Guarda.
Esta é a cuarta vez que esta sede sofre este tipo de actos de vandalismo, o pasado mes de decembro uns descoñecidos romperon a luna principal.
A voceira do PP da Guarda, Fani Iglesias, achegouse esta mañá ata o local acompañada de varios concelleiros do Grupo Popular e varios membros da xestora para comprobar in situ os danos ocasionados. E sinalaron a “súa firme condena e total repulsa a estes feitos, que prexudican, ao seu entender, a toda a sociedade guardesa”.
Desde o PP Provincial sinalaron que “o PP non vai parar de defender as súas ideas e traballar polo ben de toda a sociedade, totalmente á marxe destas “gamberradas duns poucos”.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Un veciño que non lle gusta que se faga iso no seu Pobo. dixo:

Ésta noite foi un escándalo, pintaron en moitos sitios, colexios, oficinas, bancos,... Xa se sabe que últimamente na víspera de algunha folga están faendo isto. As autoridades e corpos pliciáis deberían de sabelo e tomar con anticipación as medidas pra que estes elementos no fagan o que hoxe vimos por muitas rúas do pobo. Hai que respectar ,pra que te respecten. Polo visto estos elementos non o entenden. Se teñen gañas de pintar grafitis que o fagan dentro das súas casas (nas habitacións, no salón, na cociña, nos baños, nos pasillos, si teñen terraza tamén, e se teñen porco na pocilga que lla decoren e que collan un colchón e que dorman co animaliño, que quizáis teña máis educación que eles ).

Ningún comentario:

Publicar un comentario