4 de dec. de 2010

TOMIÑO

CITAS PARA REALIZAR A ITV DE VEHÍCULOS EN TOMIÑO DO 9 Ó 14 DE DECEMBRO



Os vindeiros días 9, 10, 13 e 14 de decembro de 2010 realizarase en Tomiño unha inspección técnica de vehículos (incruídos os agrícolas).

O horario de atención será de 09.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas, excepto o último día no que será de 09.00 a 13.30.

As inspeccións levaranse a cabo na zona industrial de Gabín (Forcadela), onde se colocará a unidade móbil de inspección. O día e a hora de atención ao público asignarase directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada á localidade ou a través do teléfono 881 920 981.

A xestión da Concellaría de Seguridade, Tráfico e Transporte do Concello de Tomiño, permitiu que estas revisións se realizaran dentro do municipio, evitando a moitos veciños ter que desprazarse ata outras localidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario