O Show dos Campelos - Os mellores momentos
camposino1
Neste vídeo da autoría de Brais Martínez Villa, podemos ollar unha síntese da actuación que o dúo humorístico Os Campelos, do Rosal, ofreceron o pasado domingo día 12 de decembro de 2010, no Auditorio Municipal do Rosal. Por certo, e como xa fora anunciado oportunamente, Os Campelos fixeron dous pases. No primeiro deles, o que asistimos, podemos decir que o cheo foi até a bandeira. E para o segundo, a "cola" chegaba - en verbas de Paquiño, un dos compoñentes do famoso dúo artístico -, até Sandián.
Desde Infogauda dámoslles nosos parabens Os Campelos, pola súa coidada posta en escea, pola súa creatividade, e sobor de todo, por conquerir facernos rir ó longo de toda a súa actuación. Por iso consideramos impagable súa labor lúdica e terapéutica, precisamente agora, coa que está caíndo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario