MARÍA CANOSA BLANCO GANA O PREMIO "PURA E DORA VÁZQUEZ" DE NARRACIÓN

A escritora María Canosa Blanco foi elexida polo xurado como gañadora da VIII edición do certame literario “Pura e Dora Vázquez”, na súa modalidad de narración e que está dotado cun premio de 3.000 euros.
O xurado escolleu entre os 15 textos presentados o titulado “O papaventos de Laura”, asinado por María Canosa e salientou o feito de ser unha historia moi imaxinativa, alegre e fresca, nun entorno familiar cheo de ternura. O texto ten un final educativo, é dinámico, rico e inxenioso, ademais de ser rico e atractivo para o proceso de ilustración.Agora, abrirase o prazo para ilustrar este traballo, polo que os interesados neste segundo proceso poderán solicitar da Deputación provincial de Ourense o texto ganador para poder presentar as súas ilustracións.Esta edición do premio ten un carácter especial, dado que está moi recente o pasamento de Dora Vázquez, a última das dúas irmás con vida e que tanta atención dedicaron aos máis novos na súa literatura.O xurado, presidido polo deputado de Cultura, José Luis Valladares, estivo integrado por Isabel Almuiña González (técnico da biblioteca da Deputación), José Manuel Fernández López (educador), Isaac Alonso Estraviz (educador, escritor e investigador) e Xoán Babarro González (ganador da pasada edición). Como secretario oficiou o director do Centro Cultural, Francisco González.

Ningún comentario:
Publicar un comentario