6 de out. de 2010

O ROSAL

ACTOS MUSICAIS NAS FESTAS DO CABAQUEIRO
ROSAL ROCK 2O1O e III FESTIVAL FOLK
Montserrat Domínguez Otero / O Rosal
Dentro dos actos da Festas do Cabaqueiro 2010, no concello do Rosal, terán lugar tres actos musicais de diversos estilos, todos eles na Praza do Calvario do Rosal.
O primeiro deles, será a terceira edición do ROSAL ROCK 2010, organizado por un grupo de mozos/as rosaleiros que se denominan "Mocidade Cabaqueira", terá lugar o venres 8 de outubro, a partir das 22,00 h. e contará coa participación dos seguintes grupos:
- TRES TREBÓNS E OS HOMES SEN MEDO
- THE INSPECTORS
- SANTOS MORCEGOS
- THE WINNING NUMBERS.
O sábado 9 e domingo 10, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, realizaremos tamén o III FESTIVAL FOLK.
O sábado 9, ás 21,00 h. estará adicado a música de pandereteiras, cos grupos LIROLAI, ORBALLO, RÍO FOLÓN, e IR E VIR, todos eles do Rosal, mentres que o domingo 10, ás 20,00 h. será a música dos grupos Folk DEIXANDAR (O Rosal), O SON DAS ONDAS (Vigo) E VIRABOMBAR (Caminha).

Ningún comentario:

Publicar un comentario