HOMENAXE DAS COMISIÓNS OBREIRAS OS REPUBLICANOS FUSILADOS EN SESTÁS
MÉRCORES, 20 DE OUTUBRO ÁS 12.00 H.


O mércores día 20 de outubro, ás 12:00 h. terá lugar no cemiterio de A Guarda, a xa tradicional homenaxe outonal de Comisións Obreiras aos republicanos fusilados en Sestás en 1936. Con este acto, a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo e a Federación de Pensionistas e Xubilados do sindicato, acudirán novamente a foxa común de Sestás, na Guarda, onde foron soterrados tanto demócratas republicanos antifranquistas como tamén persoas que foron vítimas das pésimas condicións do campo de concentración de Camposancos.
Fai uns días tamén estiveron visitando a foxa común de Sestás, un grupo de asturianos, os cales fixeron unha ofrenda froral.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Haber cando CCOO, organiza o acto en día non laboral para que poidan acudir máis cidadáns. Por exemplo sábado ou domingo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario