AS OBRAS DE 3 ARTISTAS DA BIENAL DE PONTEVEDRA PARTICIPARÁN NA BIENAL DE VENECIA, ONDE SERÁN EXPOSTAS ATA O 27 DE NOVEMBRO NO PAVILLÓN LATINOAMERICANO
Un total de case 40.000 persoas visitaron xa a XXXI Edición da Bienal de Pontevedra, que pechará definitivamente as súas portas o vindeiro domingo día 12

Infogauda / Pontevedra
O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, fixo pública hoxe a noticia de que as obras de tres dos artistas da XXXI Edición da Bienal de Pontevedra viaxarán a Venecia para participar alí na Biennale de Venezia. As pezas estarán alí expostas no pavillón Latinoamericano ata o 27 de novembro.
“Joyas de pobre”, “Olores de guerra” e “Faraway brither style”, as obras que viaxarán a Venecia, son as creacións de tres autores, respetivamente: o nicaragüense Rolando Castellón, o cubano Reynier Leyva Novo e o salvadoreño Walterio Iraheta. As pezas estarán expostas no Pavillón Latinoamericano da Biennale de Venezia, titulado “Entre Siempre y Jamás”, que se erixe como un proxecto de gran impacto que fala dos douscentos anos da Independencia de Hispanoamérica. O comisario é, neste caso, Alfons Hugh, director del Goethe Institute de Río de Janeiro e comisario de moitas bienais.
Afluencia de visitantes
Cando se cumpren os tres meses do arranque da XXXI Bienal de Pontevedra, que cerrará definitivamente as súas portas o domingo día 12, as cifras totais de afluencia de visitantes ás distintas instalacións desta mostra nas cidades de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía seguen crecendo. En total, comentou Durán, «contabilizamos 39.702 visitas nos distintos edificios que albergan a Bienal».
Así, mentres o Sexto Edificio do Museo acolleu nestes tres meses a visita de 8.563 persoas, a exposición “Fricciones” que se exhibiu nas salas arqueolóxicas do Museo no edificio Castro Monteagudo recibiu no mes de xuño a 11.049 visitantes, que, sumados ós 9.453 de xullo, e ós 8.043 de agosto fan un total de 28.545 visitantes.
A Fundación RAC, con horarios máis limitados, contabilizou 754 visitas, por un total de 702 da Facultade de Belas Artes. Os distintos actos programados, entre os que se contaron conferencias, mesas redondas, presentacións e outras actividades rexistraron un total de 693 visitas.
A presenza na rúa e na rede
O vicepresidente provincial quixo recordar tamén que “precisamente, porque este ano a Bienal estivo máis na rúa do que nunca é complicado baremar as visitas que recibiron as instalacións do Porto de Vilagarcía ou ás performances á cargo dos alumnos de Belas Artes, pero contáronse por milleiros.
Por outra banda, a presenza desta edición en Internet está a ser un éxito sen precedentes, cun total de 9.097 visitas rexistradas nos tres primeiros meses de existencia, o que se traduce nun total de 426.340 páxinas da web da Bienal visitadas neste período de tempo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario