19 de set. de 2010

DUMBRÍA

O CLUB DEPORTIVO MIÑO TERCEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM

Informa (fotografías e texto): Rosa Fernández / Dumbría

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slalom ao que o club tomiñés levou oito piragüistas que participaron nas modalidades de C1, K1, C2 e patrullas. A xornada tivo lugar co xa habitual ambiente de deportividade e compañeirismo entre os membros dos distintos clubs galegos.


Ao final da xornada os Teixugos fixéronse con dúas medallas de prata: Pablo Pousa en K1 Veterano e Guillermo Pereira en K1 Xuvenil; e tres de bronce: Nicolás Ruedas en K1 Senior, Miguel Valcárcel en C1 Cadete e Alejandro Ochoa en C1 Xuvenil. Na modalidade de patrullas K1 o equipo formado por Pablo Pousa, Nicolás Ruedas e Guillermo Pereira acabou segundo ao igual que o equipo de patrullas C1 formado por Emilio Carrera, Antón González e Alejandro Ochoa, sumando así seis medallas de prata máis para o club.
Na clasificación final por equipos quedou primeiro o Tea de Mondariz, seguido do Quixós de Monforte de Lemos e en terceiro lugar os Teixugos.

Para ver as fotos da xornada premer eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario