UN TEMPO PARA RECORDAR
- Isidro Pérez González expón fotografías da súa autoría no Centro Cultural de Loureza

O Centro Cultural de Loureza, no termo municipal de Oia, acolle desde este mércores día 25 até o vindeiro venres día 31 deste mes de agosto, unha moi interesante exposición de fotos antigas da autoría de Isidro Pérez González (Foto París).
Na mostra pódense ollar imaxes fotográficas de actos sociais, festas padroeiras e tradicionais, acontecimentos familiares,..., constituíndo unha magnífica oportunidade para que as persoas interesadas poidan acceder a fotografías que xa semellaban perdidas para sempre, e que grazas o traballo de Isidro Pérez, podemos voltar a disfroitalas.
A exposición pode visitarse a partires das 4 da tarde, e os sábados e domingos, todo o día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario