5 de ago. de 2010

LOUSAME

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ACTUOU EN LOUSAME (A CORUÑA)

- A formación musical que dirixe Víctor Luís Alonso Treinta participou n´un intercambio coa Banda de Música Municipal da vila coruñesa

Fotografías: Lalo Rodríguez / Lousame


Infogauda / Lousame
A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda ven de actuar o pasado domingo día 1 deste mes no concello coruñés de Lousame. Esa actuación, que tivo carácter de Homenaxe ós músicos da Banda de Lousame, tivo lugar en Portobravo (Lousame), e contou coa participación das bandas de Vilalba e da Agrupación Musical da Guarda.
O concerto foi seguido por unha representación de veciños desas vilas así como de familiares e directivos da Agrupación Musical de A Guarda.
Asemade compre salientar no que respecta a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, esa actuación forma parte da primeira parte do intercambio cultural que a banda guardesa está desenvolvendo coa Banda de Música Municipal de Lousame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario