O SPORTING GUARDÉS E O PORRIÑO INDUSTRIAL DISPUTARÁN O 1º TORNEO FESTAS DE SAN ROQUE
- O encontro - con entrada de balde - terá lugar hoxe sñabado, ás 5 da tarde, no Campo Municipal da Sangriña

Infogauda / A Guarda
O equipo senior do Sporting Guardés, que logo dunha formidable tempada 2009-2010, voltará a militar na Primeira Autonómica, enfrontarase na tarde de hoxe co Porriño Industrial, en disputa do 1º Torneo Festas de San Roque.
O encontro - con entrada de balde - servirá de presentación da plantilla do Sporting Guardés, polo que cabe agardar que os siareiros guardesistas acuden o Campo Municipal da Sangriña para animar os xogadores que locen a camisola marela.
A UNIÓN GUARDESA ORGAIZA UN CUADRANGULAR DE FÚTBOL FEMININO
E mañá domingo, 22 de agosto, va partires das 4 de tarde, o Campo Municipal da Sangriña, acollerá un torneo cuadrangular de fútbol feminino, organizado pola Unión Guardesa, no que participarán: Unión Guardesa, F.C. Tomiño Femenino, Gondomar e C.D. Coia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario