UN QUE SUBE A XANTAR O DÍA DO MONTE TREGA

Rematou a Festa do Monte Trega, e un ano mais algúns non respectaron o patrimonio do Trega. ¿Onde estaba o “licenciado arqueólogo”, caza subvencións e fotografo oficial? Seguramente estaba durmindo a sesta para facer unha saída nocturna e colocar as pedras que caeron ao chan e limpar os petróglifos de viño.
Unha vez máis a romaría vai a menos, e este ano acudiron menos cidadáns que no ano anterior. Será pola crise ou polos incapaces que din que son “Goberno”, “Organizadores” da subida ao monte Trega. Posiblemente tiñan atordamento polo son dos tambores e fosen ata “cova da pedra furada” para deliberar.
É moi curioso que algunhas bandas suban pola estrada pola dereita, en vez de facelo pola esquerda, e deixar que os turismos suban pola súa dereita. Queremos facer unha pregunta: ¿Cando deixarán de subir coches a partir das 12 da maña? É de todos coñecido que a hora de subida ao monte faise a partir das 12 do medio día, e unha minoría seguen ca tradición de subir a pe, así como as bandas dos barrios do pobo.
Cando chegas a casa forestal un se decata que moitos collen sitio o día anterior, montan toldos e non deixan espazo para pasar, meten os coches de calquera maneira un auténtico dislate e unha falta de coherencia e respecto polos demais.
Contamos cinco grupos que festexaron a romaría como en tempos antigos, que bailaban e cantaban cancións, bailes populares a ritmo da gaita e pandeireta, tamboril e bombo tradicional.
Cando se remata de xantar aproximadamente ás 16.00 horas, prodúcese unha estampida, e a xente de media idade recolle todo o xantar que sobrou, material e lisca dos arredores da casa forestal, pensamos que baixan ata o parque do Cancelón. Unha minoría queda a cear, e baixa a partir das 21.00 horas.
Un dos mellores lugares para comer estaba cheo de maleza, os “sabios” de medio ambiente, están facendo do Trega un monte patético, co visto bo das comunidades de montes. Seguramente están agardando que algún vixiante do monte prenda lume.
Os da Comisión terían que haber colocado letrinas nos arredores da casa forestal, parte alta e parte baixa.
Un ano máis os da COVA DA PEDRA FURADA, non darán contas, para seguir co talante e rutina da desinformación, e logo presumir de democráticos etc...
Tampouco ollamos melloras no monte ¿Que fan os que dirixen o Padroado? Por falta de cartos non será e ademais as comunidades de montes terán que axudar para facer melloras. O ideal sería que cada ano se fixera algo útil e ademais que houbera proxectos para o futuro.
En Chans o parque-merendeiro ten un estado lamentable, a limpeza non se ve por ningures. O señor das empanadas con bechos podía haber ordenado que a zona recreativa de Chans estivera limpa.
A pesar de todo se para o próximo ano temos saúde, seguiremos subindo ao monte Trega.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Eu tamén subín ao monte, como outros anos. Hai quen deixou de ir por diferentes motivos, un deles pode ser a desmesura no festexo que algúns confunden coa festa. Hai moitas cuestións que se poderían debatir respecto ás formas de entender unha romería, pero iso xa queda para os estudosos da socioloxía e, en todo caso, poderiamos falar do comportamento individual nun colectivo e analizalo. Por iso non me parece oportuno acusar ao goberno local da falta de respeto ou civismo que mostran algúns cidadáns. O que ocorre na celebración da romería do Trega é unha consecuencia do que ocorre na sociedade. Se hai persoas que non saben respetar as cousas e polo tanto aos demais, tampouco podemos agardar que muden o seu comportamento nun día de festa, porque son así o resto do ano.
Despois estaría dacordo en que hai moitísimo que mellorar no coidado e conservación do Monte e de todo o patrimonio guardés, porque é de todos, incluso dos forasteiros, pero onde se educa ás persoas? nos concellos?. Todos sabemos cal é a resposta, a resposta é respetar para esixir melloras e colaborar nesas melloras. Que hai xente que non ten respeto nin educación, xa o sabemos. Que hai quen non arrima o hombro cando se trata de traballar polo ben de todos, tamén hai xente que non é así, afortunadamente. Conclusión. O concello debe organizar e coidar que todo se respete, pero as persoas deben ser persoas e comportarse civilizadamente, que iso non custa cartos. E non precisamos a ameaza dun carabineiro para saber onde están os límites. Entre todos podemos mellorar as cousas.
Un saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario