2 de ago. de 2010

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS: UN CONCELLEIRO MOI NECESARIO

Infogauda / A Guarda



Como xa tén transcendido desde o intre mesmo en que o anunciou na sesión plenaria do pasado venres dia 30 de xullo, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega – Iniciativa Veciñal, Celso Rodríguez Fariñas, deixa seu escano na actual corporación municipal de A Guarda. Na mesma noite en que fixo pública súa decisión, a redacción de Infogauda pudo da-la nova en rigurosa primicia. Optamos por sacrificar esa posibilidade para poder ter unha perspectiva máis ampla e así poder analizar o alcance desa decisión. Desde un primeiro intre entendemos que esa determinación responde a unha meditada vontade de deixar, se cadra temporalmente, ou mesmo definitivamente, unha actividade – á política municipal – da que ún pode prescindir perfectamente. Por moito que un leve nas veas un enorme caudal de inquedanzas. Polo tanto, desde Infogauda, respectamos e valoramos moi positivamente a decisión do devandito concelleiro. Outra cousa é que coidemos que súa presenza na Corporación Municipal de A Guarda é moi necesaria. Hoxendía máis que nunca. A Democracia tén súa razón de ser na pluralidade. Esa cualidade foi a que ilusionou a un heteroxéneo sector do electorado que se viu representado por dous concelleiros en varias lexislaturas consecutivas. Celso e seu equipo de colabouradores, fixeron posible que os electores que non se sinten representados polas tres opcións ó uso, se visen partícipes dunha corporación onde semellaba que somentes as formacións de ámeto máis amplo eran capaces de acadar escanos.
Celso cumpliu coas expectativas que unha boa representación de cidadáns de A Guarda, depositaron na súa candidatura. Pode que nalgún intre algúns veciños non entendesen a decisión que adoitaron Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso. Eses veciños non eran os que votaban pola candidatura de Celso Rodríguez Fariñas. Os que confiaban en Celso e nos seus compañeiros continuaron facéndoo, como quedou demostrado posteriormente. A candidatura de Celso estaba arroupada por persoas como a maioría social deste pobo e foi apoiada por votantes que superon diferenciar perfectamente as mensaxes dos demáis. Ninguén lle prestou votos a candidatura de Celso, como algúns quixeron facer ver. Iso quedou ampliamente demostrado. Outros non poden deci-lo mesmo, xa que nin siquera acadaron representación.
Agora ben, que pasará en maio de 2011, se Celso determina non presentarse os comicios municipais?
Esa é, polo de agora, a grande incógnita. Precisamente por iso, e polo que desde xa, algúns votantes de Celso xa botan de menos súa labor no concello. Ogallá que á persoa que ocupe seu escano teña os valores que tivo él, non somentes estando na oposición, senón cando formou parte dos gobernos municipais precedentes.
Cando estamos a uns 10 meses das vindeiras eleccións municipais, temos a sensación de que a oposición municipal do concello de A Guarda, non lle colleu o punto a que debera ser súa labor. Con ese paisaxe é doado vaticinar a día de hoxe a previsible colleita de cada leira.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Paréceme moi ben que este defensor de presuntos narcotraficantes dimita é unha persoa demagóxica é posiblemente necesaría que ten que estar no concello para por freo ao resto de "bandas" de narcos que pululan na nosa Vila e queren pasar como persoas respectables.
Todos somos conscientes que existen moitas gaivotas que non son do PP.
Penso que o "carqueixo" ten o As, Rei, Cabalo, Sota é o resto dos triunfos e o respaldo dos antes mencionados.
A Redacción de Infogauda dixo:
En Infogauda estamos a favor da libertade de expresión. De tódolos xeitos, cando unha persoa ou colectivo, fai certas afirmacións, coidamos que debería deixarse de lerias e da-la cara. É decir, asinar, con nome e apelidos, número de documento de identidade, enderezo eléctrónico e teléfono de contacto, e non face-lo desde o anonimato. Porque deste xeito - desde o anonimato - perde peso específico a crítica ou denuncia que se poida facer. En todo caso, Infogauda non se fai responsable dese tipo de comentarios, nin se identifica co contido dos mesmos.
INFOGAUDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario