A ORQUESTRA SINFÓNICA DE ACORDEÓNS DE BILBAO OFRECERÁ UN CONCERTO NA VILA GUARDESA

Infogauda / A Guarda
O Auditorio San Bieito acollerá o vindeiro sábado día 7 de agosto, ás 21 horas, á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao que ofrecerá un concerto. Este importante evento musical chega á vila de A Guarda co patrocinio de Caixanova.
A orquestra conta na actualidade con 25 compoñentes e neste verán están facendo unha xira de concertos baixo o título xenérico: “Música para gozar”.
A orquestra conta na actualidade con 25 compoñentes e neste verán están facendo unha xira de concertos baixo o título xenérico: “Música para gozar”.
Na súa actuación na Vila Cultural de A Guarda, a Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao ofrecerá un percorrido pola música rusa, a de Francia, a zarzuela (con obras de Chueca e Sorozábal), os pasodobres, ..., e mesmo incluirán algunha obra galega, como “Ponteareas” ou “Negra Sombra”.
Con unha formidable posta en escea, a Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao caracterízase pola súa impactante sonoridade, a forza e a paixón das súas interpretacións, de acreditada calidade nos arranxos e adaptacións do seu amplo repertorio que abrangue diferentes estilos musicais.

Esta agrupación creouse no ano 1963, por iniciativa do mestre Josu Loroño co propósito de “interpretar a gran música co acordeón”. Na actualidade a orquestra está dirixida por Amagoia Loroño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario