1 de xul. de 2010

PONTEVEDRA

O BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DEIXA DE EDITARSE, DENDE HOXE, EN SOPORTE PAPEL E AGORA OFRECERÁ A SÚA EDICIÓN DIXITAL, DE XEITO GRATUITO, A TRAVÉS DA WEB WWW.DEPO.ES



O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra deixa de editarse, dende este 1º de xullo, en soporte papel e ofrecerá a súa edición diaria en soporte dixital. Para a súa consulta ou impresión, de xeito gratuito, deberá accederse a través da web www.depo.es.
Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a medida insertase na política de austeridade e de modernización da institución provincial que se ven levando a cabo, así como nas medidas de axustes e de reducción de papel que se veñen aplicando no organismo provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario