XINZO, ESCEARIO DUN CONCURSO DE TAPAS DE PATACA AO LONGO DE TRES MESES

Infogauda / Ourense
A localidade de Xinzo de Limia acollerá ao longo dos vindeiros tres meses un concurso de tapas nas que a pataca será protagonista e no que se implicaron 25 bares da zona dos viños desta vila ourensá. Esta iniciativa, que rematará en novembro co II Salón monográfico da pataca, foi presentada hoxe na Deputación.
Promovido polo Inorde, o concurso ten como finalidade “valorizar o producto da pataca, algo relegada nos nosos hábitos alimenticios e que compre revitalizar”, dixo o presidente deste organismo dependente da Deputación, José Manuel Freire Couto. Tamén explicou que os consumidores cubrirán un ticket e participarán en sorteos de fins de semana en diversos balnearios, “co que tamén potenciamos outro recurso noso como é o termalismo”.

Julio Gómez, presidente do Consello de Indicación Xeográfica “Pataca de Galicia” defendeu a importancia destas iniciativas para promover o consumo deste producto e dixo que a producción da Limia supón o 90 por cento do acollido á indicación xeográfica. Tamén loubou a importancia de que as patacas que se empreguen no concurso sexan amparadas por esta denominación.
O alcalde de Xinzo, Isaac Vila dixo que esta iniciativa tiña duas finalidades: darlle unha maior mobilidade aos bares da Limia cun incremento da súa actividade económica e tamén promocionar o producto básico da súa agricultura. O xerente do Inorde explicou que tamén haberá premios económicos para os bares participantes –pendentes aínda de determinar- e apuntou algunhas variacións no futuro salón monográfico de mediados de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario